Thursday 16 de May de 2024

O Concello de Muxía reúnese coas ANPAS e as directoras dos tres colexios para formar un equipo de traballo


As reunións serán periódicas e buscarán unha maior colaboración entre as tres partes.
O Concello de Muxía reuníuse ás 12.00 horas de onte, no salón de plenos do Concello de Muxía, coas tres ANPAS da localidade e as directoras dos tres colexios: o colexio Eduardo Noia, o colexio Virxe da Barca e o Colexio Os Muiños.
O executivo muxián, formado polo alcalde Iago Toba, a concelleira de educación Olalla Benlloch e o concelleiro de obras Javier Romar, propuxo que este tipo de reunións se realicen de forma periódica, para buscar unha maior vinculación e colaboración entre as tres partes.
Na xuntanza, sentáronse as bases de traballo das novas estratexias a seguir, na que destacou o acordo chegado para mellorar as condicións dos colexios, dentro das competencias do Concello.
Un dos temas acordados foi a mellora das instalacións para que a volta as aulas pódase realizar con todas as medidas de seguridade. O executivo comprometeuse a trallabar, en colaboración cos tres centros, para acondicionar as instalacións exteriores e facer un mantemento das zonas interiores.
Tras a reunión, o rexedor Iago Toba, destacou “a boa sintonía que se mantivo en todo momento entre as tres partes. Intentaremos manter este tipo de reunións de maneira periódica para manter unha maior vinculación e una comunicación máis directa”.
A concelleira de educación, Olalla Benlloch, argumentou “a importancia desta reunión para o futuro dos centros educativos de Muxía. A idea é traballar conxuntamente para mellorar as condicións dos colexios”.